sábado, 2 de junio de 2012


                      IMPORMACION.


Concello de Foz, que dirixe o popular Javier Jorge  Castiñeira ven de convocar cinco prazas para persoal laboral  con categoría de peóns e unha duración de 3 meses. O custe deste persoal está financiado pola Consellería de Medio Rural e Mar dentro do convenio que o concello de Foz asinou con esta consellería para a defensa dos lumes.

Según nos informa Fernández Manín concelleiro de Medio Rural e pesca,  estas contratacións son a tempo  parcial de luns a venres, catro delas con un horario de 8 a 12 horas que desenrolarán o seu traballo rozando os camiños e pistas no medio rural,  e outra praza será para condutor do tractor, igualmente a tempo parcial e horario de 15 a 21 horas, é dicir,  de 3 da tarde a 9 do serán, desta forma o tractor do concello funcionará pola maña e pola tarde.  Estas prazas como ben manifestaba o Sr Alcalde encádranse dentro do convenio que para a loita contra incendios asinase coa Consellería de Medio Rural e Pesca. Este convenio xa se facía en anos anteriores, si ben o seu importe se dedicaba a contratación de un tractor externo ao concello para facer estes traballos. O goberno local formado polo Partido Popular tendo en conta a situación de crise actual, optou por estas contratacións por considerar ser mais beneficiosas para a sociedade, e facer o mesmo traballo.

 Fernández Manín continua dicindo que con esta actitude o Partido Popular acordase dos traballadores, e que se podían haber contratado dúas persoas mais si a Excma. Deputación Provincial de Lugo non suprimira o convenio que en anos anteriores mantiña co concello de Foz para a limpeza das vías da súa propiedade, e que supoñía unha subvención de 6.500,00 euros.



                            Foz a 2 de xuño de 2012

                            Pedro J. Fernández Manín

                           Concelleiro de Medio Rural e Pesca          

domingo, 15 de enero de 2012

9ª FESTA DO BERBERECHO DE FOZ

                  IX FESTA DO BERBERECHO EN FOZ

              DIAS  21 E 22 DE XANEIRO 2012

DIA 21.-

09,00   MERCADO NA EXPLANADA PORTUARIA.

11,00     PASARRUAS COS G. FOLCLORICOS “ A SUBELA” E “ FEITIZO”

12,00   INAGURACION E PREGON A CARGO DE Fco. X. Alonso Navarro “ CHINGLA”.

12,30   APERTURA DE ESTANS E DEGUSTACION DAS DIFERENTES ESPECIALIDADES DE          BERBERECHOS PREPARADOS PO LOS ALUMNOS DA ESCOLA DE HOSTALARIA DE FOZ: ( A MARIÑEIRA, EN SALSA VERDE E CON ARROZ) ASI COMO POLA EMPRESA DE CATERING FABIMAR EN EMPANADA E AO VAPOR.

13,00 ACTUACION DO GRUPO A SUBELA.

17,00  ACTUACION DO GRUPO O FEITIZO.

19,00     ACTUACION DA RONDALLA LATEXOS.

19,30 PECHE DE ESTANS.

A PARTIR DESTA HORA E AO IGUAL QUE TODO O DIA CONTINUARA A FESTA E DEGUSTACION POR TODOS OS BARES DE FOZ.

DIA 22:

CONTINUARA A FESTA DO BERBERECHO POLOS BARES DO CONCELLO DE FOZ:

12,00 14,00 h.  HABERA ANIMACION CON MUSICA TRADICIONAL A GARGO DOS GRUPOS A SUBELA E O FEITIZO DE FOZ.