MOCIONS PLENO OUTUBO 2010

O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, por medio do seu voceiro Pedro Fernández Manin leva ao pleno do concello as seguintes mocións para o seu debate e aprobación se procede:

.- Moción para que se  poña  o saneamento dos barrios da Fabega e Barral na parroquia de  Cordido,  esta obra incluirase dentro do convenio P. E. I. M.
      Nota: P. E .I. M ,  é un convenio que  pactou o goberno bipartito da anterior Xunta de Galicia  ( PSOE-    BNG) dígase Consellería de Medio Rural  co   Ministerio  de  Medio   Ambiente,  Medio Rural e Marino e  que firmou o  actual goberno e dotouno de contido para levar a   cabo as melloras das infraestruturas  no medido rural, por canto ao Concello non lle costa  nada. ( cero euros )

2ª .-  Moción para instar a Excma. Deputación Provincial o  arranxo da estrada LU- 2007, que une  a praia de Area Longa en  (Nois - Foz ) con Moucide ( O Valadouro ), se coloquen sinales de limite de velocidade  a 50 Km/h e de animais soltos nos núcleos rurais.

3ª.- Instar a Delegación de estradas do estado en Lugo ou ao Ministerio de Fomento o arranxo e asfaltado dos accesos paralelos a N – 642 desde Vilaxuane a Marzan en Foz.

Por outra banda tamén presentou por rexistro un escrito solicitando o arranxo inmediato da Fonte do Chao da Vila, ou explicación porque non se fai, dado que se limpan e arranxan as de todas as parroquias según as facturas,  pero esta segue igual.

                              Foz, a 20 outubro 2010
                              Pedro J. Fernández Manin
                              Voceiro G.M.P.P. de Foz.