EXPOSION DE MOTIVOS PARTIDO POPULAR.
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Foz, non estivo de acordo coa conta xeral presentada polo Alcalde, Sr. García Rivera e o seu equipo de goberno ao pleno do concello de Foz o pasado día 30 de setembro, polo que se abstivo na votación para a súa aprobación, e tomou esta decisión por responsabilidade, sabedor que o seu voto en contra podería ser prexudicial para o concello.
A conta Xeral e o reflexo da xestión dun equipo goberno durante un período de tempo, neste caso o ano 2009, período no que o Partido Popular xa lles manifestara varias observacións, sobre todo nos pagos, os cales intervención xa puxera reparos. Este voceiro puxo de releve na exposición do seu grupo non estar de acordo, porque a pesar de que o saldo final do exercicio é positivo en 208.294,94 , non se tivo en conta o importe de débedas recoñecidas que non se puideron pagar por non ter saldo as partidas correspondentes presupostarías e que ascenden a 372.895,28 euros segundo o informe de intervención, que de telas en conta o resultado seria moi diferente, NEGATIVO en 164.600,34 euros. Por outra banda o Concello de Foz ten si resolver un contencioso que lle puxo a Xunta cando gobernaba o bipartito (PSOE-BNG), concretamente a súa compañeira de partido, a Sra. Caride, que de ser desfavorable ao concello de Foz, e axe que devolver os cartos das licencias non sabemos a onde haberá que pedilos, porque o remanente de exercicios pasados vostede xa os ten dilapidados, a pesar de que este grupo sempre lle suxíreo que fixera unha previsión, ao igual que para as cantidades de exercicios xa cerrados que son de moi difícil recuperación e que poden ascender a preto de 2,2 millóns de euros, ase o reflexa intervención