sábado, 2 de junio de 2012


                      IMPORMACION.


Concello de Foz, que dirixe o popular Javier Jorge  Castiñeira ven de convocar cinco prazas para persoal laboral  con categoría de peóns e unha duración de 3 meses. O custe deste persoal está financiado pola Consellería de Medio Rural e Mar dentro do convenio que o concello de Foz asinou con esta consellería para a defensa dos lumes.

Según nos informa Fernández Manín concelleiro de Medio Rural e pesca,  estas contratacións son a tempo  parcial de luns a venres, catro delas con un horario de 8 a 12 horas que desenrolarán o seu traballo rozando os camiños e pistas no medio rural,  e outra praza será para condutor do tractor, igualmente a tempo parcial e horario de 15 a 21 horas, é dicir,  de 3 da tarde a 9 do serán, desta forma o tractor do concello funcionará pola maña e pola tarde.  Estas prazas como ben manifestaba o Sr Alcalde encádranse dentro do convenio que para a loita contra incendios asinase coa Consellería de Medio Rural e Pesca. Este convenio xa se facía en anos anteriores, si ben o seu importe se dedicaba a contratación de un tractor externo ao concello para facer estes traballos. O goberno local formado polo Partido Popular tendo en conta a situación de crise actual, optou por estas contratacións por considerar ser mais beneficiosas para a sociedade, e facer o mesmo traballo.

 Fernández Manín continua dicindo que con esta actitude o Partido Popular acordase dos traballadores, e que se podían haber contratado dúas persoas mais si a Excma. Deputación Provincial de Lugo non suprimira o convenio que en anos anteriores mantiña co concello de Foz para a limpeza das vías da súa propiedade, e que supoñía unha subvención de 6.500,00 euros.



                            Foz a 2 de xuño de 2012

                            Pedro J. Fernández Manín

                           Concelleiro de Medio Rural e Pesca