miércoles, 22 de diciembre de 2010
FELICITACION NAVIDEÑA.
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR NO
CONCELLO DE FOZ :
PEDRO FERNANDEZ MANIN
JOSE LUIS SANCHEZ GARCIA
JOSE Mª BASANTA MORAN
VERISIMA COUTO EIROA
DESENXANLLES A TODOS OS VECIÑOS /AS DE FOZ UN BO
NADAL E VINDEIRO ANO 2011.
FELICITACION NAVIDEÑA
Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Foz, Pedro José Fernández Manín José Luís Sanchez García José Mª Basanta Moran Verisima Couto Eiroa Deséxalle Paz e Felicidade nestas festas do Nadal e vindeiro ano 2011 |
sábado, 13 de noviembre de 2010
SANEAMENTO SAN ACISCLO 2ª FASE
O ALCALDE ENGANA AOS VECIÑOS DE SAN ACISCLO XA QUE FOI A XUNTA BIPARTITA QUEN BLOQUEOU O SANEAMENTO DESTA PARROQUIA
· Os populares descubriron que Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente.
Foz, 15 novembro de 2010.- O grupo Municipal do Partido Popular de Foz por medio do seu portavoz Pedro Fernández Manín, ven de saír ao poso das declaracións aparecidas nalgúns medios de comunicación feitas polo alcalde de Foz José María García Rivera na xuntanza que mantivo con algúns veciños de San Acisclo aos que incitaba a manifestarse en contra da actual Xunta de Galicia por non ter feito a 2ª fase do saneamento desta parroquia, declaracións que foron ratificadas pola alcaldesa en funcións Rosa Alonso o día 13 do presente mes. Manín cree que o alcalde e o seu goberno pretenden enganar aos veciños de San Acisclo, xa que foi a Xunta bipartita e, polo tanto o Goberno autonómico de PSOE e BNG, o que bloqueou a segunda fase das obras de saneamento previstas para esta parroquia.
Fernández Manín explicou que o ente público Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente, sen executar nin impulsar ningún tipo de actuación sobre esta obra, polo que o Sr. Rivera minte cando di aos veciños que a obra fora aprobada e presupostada polo bipartito(PSOE-BNG) . “Desde outubro de 2008 polo tanto, podería ter comezada esta obra, cousa que non fixo o bipartito, é dicir, non había un compromiso para a súa execución.
Unha vez máis o rexedor municipal e o seu equipo quedan deslexitimados pola pasividade e falta de interese que no seu momento caracterizaba á Xunta bipartita respecto dos proxectos que esta debera executar en Foz. E unha vez máis demóstrase que como antes e agora, García Rivera é incapaz de acadar ningún compromiso diante doutras administracións. “O alcalde e seu equipo só saben vender fume, xogar ao enfrontamento institucional e, para ocultar os seus fracasos, prefire mentir aos veciños e poñelos detrais dunha pancarta antes que recoñecer os seus erros”.
O proxecto do saneamento de San Acisclo, segunda fase, segundo o documento redactado pola empresa Eptísa en xuño de 2008, tiña un costo de 327.517 euros e contaba co visto e prace do Pleno municipal, que acordou solicitar esta obra, pero unha vez supervisado polos responsables de Augas de Galicia durante o Goberno autonómico do bipartito ( PSOE-BNG), a tramitación do expediente foi bloqueada, polo que agora ten que iniciarse desde cero de levarse adiante.
Pola contra, a diferenza do acontecido na pasada lexislatura, o Goberno Feijoó aposta polo desenvolvemento de obras hidráulicas en Foz. Este compromiso ten o seu reflexo nos orzamentos da Xunta para 2011 xa que contemplan un investimento expreso, superior aos 1,8 millóns de euros, para a reforma integral de rede de abastecemento de Foz, obra que quedara no queixón sen publicar, sen adxudicar e sen presupostar. Unha actuación, considerada prioritaria dentro das que ten que executar a actual administración autonómica, e que foi licitada o 24/02/2010 e adxudicada posteriormente o 19/05/2010 segundo reza nos correspondentes diarios oficiais.
SAÚDOS.- Pedro Fernández Manín
viernes, 12 de noviembre de 2010
EVENTO NOVAS XERACIONS P.P. DE FOZ
Celebración de Novas Xeracións do P.P. de Foz coa xunta xestora local o dia do seu nomeamento.
Foz, 12 de novembro 2010
O Portavoz do G.M.P.P.
Foz, 12 de novembro 2010
O Portavoz do G.M.P.P.
MOMEAMENTO XESTORA DE NOVAS XERACIONS
Momento no que o candiadto a alcaldía de Foz polo Partido Poular Javier Jorge Castiñeira fai a presentación do que sera a partir deste intre o presidente de Novas Xeracións do P.P. de Foz, Roberto Fernández , coa presencia do secretario Provincial de N. Xeracións.
Asistentes aoacto de toma de posesión coma Presidente de Novas Xeracions do P.P. de Foz, Roberto Fernandez o queacompañaran na directiva Isabel Martin Lestegás coma secretaria, Ecequiel Couto Sacido e coma vocal Martin couto.
Foz, 12 novembro 2010
O PORTAVOZ G.M.P.P. FOZ
Asistentes aoacto de toma de posesión coma Presidente de Novas Xeracions do P.P. de Foz, Roberto Fernandez o queacompañaran na directiva Isabel Martin Lestegás coma secretaria, Ecequiel Couto Sacido e coma vocal Martin couto.
Foz, 12 novembro 2010
O PORTAVOZ G.M.P.P. FOZ
viernes, 29 de octubre de 2010
POSICION PLENO P.P. OUTUBRO 2010
Foz, 28 de outubro de 2010.- O voceiro local do PP de Foz, Pedro Fernández Manín, deu conta da posición do seu Grupo Municipal en relación co varios asuntos tratados no pleno da Corporación celebrado o día 28 de outubro. Máis en concreto explicou os motivos da abstención do PP nos puntos relativos ao recoñecemento e pago de facturas pendentes, e sobre as mocións presentadas pola súa formación política para o arranxo de varias estradas e dunha fonte pública.
O PP unha vez que por parte do Sr. Alcalde retirou do paquete inicial facturas que tiñan reparos de intervención insalvables que impedían aprobar as demais facturas que estaban correctas, decidimos abstenernos na votación sobre o pago de facturas pendentes declinando iso si toda responsabilidade “xurídica e administrativa” no Equipo de Goberno e, nomeadamente na súa Alcaldía. Os populares adoptaron esta posición despois de reclamar a información pertinente sobre as facturas que tiñan reparos de intervención. No PP adoptaron unha posición coherente co previsto na nova lei que establece un prazo máximo regrado de 55 días para o pago aos provedores. Os populares consideran que non ten sentido algún que aquelas empresas e pequenos autónomos que traballan co Concello “sexan quen paguen e sufran na súa contabilidade propia as consecuencias da mala xestión que caracteriza á Alcaldía de Foz”.
Unha das preocupación principais dos populares neste ámbito era comprobar si os traballos que describían as facturas estaban feitos, algo que resultou acreditado segundo a información facilitada polos servizos de supervisión económica municipal, ademais dos informes técnicos e si foran ordenados pola administración. Fernández Manín indicou que o Alcalde “non pode botar ás culpas aos demais da súa propia incompetencia”, e indicou que as modificacións de créditos ás que está obrigado o Concello para pagar as facturas “son consecuencia da mala forma que ten este goberno de xestionar os asuntos municipais cuns fondos cada vez máis miúdos, resultado das política de recortes ao financiamento municipal que está a promover precisamente o PSOE desde o Goberno central e situación coa que tería que rebelarse o rexedor si de verdade antepuxera o benestar dos seus veciños á obediencia partidista”, ademais da falta de xestión para cobrar algunhas débedas que datan de varios exercicios xa pechados.
Por outra banda os populares queren deixar claro ante as manifestacións feitas polo BNG de que o súa abstención non obedece a ningún pacto co PSOE nin a ningunha estratexia política se non a sentido de responsabilidade .
O P.P. tamén deu o seu voto en contra da moción presentada por PSOE-BNG sobre o mantemento do Noitebús en todas a súas rutas, porque o Goberno da Xunta de Galicia non suprime tal servizo si non que estudará a forma de subvencionalo, entendemos que dada a situación económica actual ai outras necesidades prioritarias as que se deben achegar as axudas.
PROSPERAN AS MOCIÓNS POPULARES.
O voceiro popular amosou finalmente a súa satisfacción xa que as mocións promovidas pola súa formación política saíron adiante por unanimidade. De tal xeito que o Concello de Foz pedirá á Deputación provincial o arranxo urxente das estrada Lu-2007, Area Longa ( Nois – Foz ) - Moucide por Cordido. Tamén acordaron de solicitar a que Fomento asuma a reparación das estradas paralelas á nacional 642 desde a Fonte de Porto (Vilaxuane) a Marzan, e que serven de acceso ás fincas contiguas.
lunes, 11 de octubre de 2010
Queridos Amigos:
O meu nome é de todos coñecido, e para aquel que non o coñeza, é o que figura no titulo deste blog, nacín en Moucide concello do Valadouro no ano 1950, residín en Santiago de Compostela e logo en Viveiro ata o ano 2000, por motivos da miña profesión, no 2001 xubileime por enfermidade, e a partir de entonces fixei a miña residencia en Cordido – Foz, no ano 2007 formei parte da candidatura as eleccións municipais nas listas do Partido Popular co número seis ao concello de Foz, na actualidade son concelleiro e por motivos que non veñen ao caso desempeño ademais o cargo de Voceiro.
Quero antes de nada agradecérvola vosa presenza neste novo blog, que non pretende outra cousa, que a de expresar unha opinión máis da actualidade cotiá. Unha porta aberta as reflexións sobre acontecementos propios da nosa actualidade, e a onde poidan enviarme os seos comentarios e inquedanzas que sobre distintos temas , tanto do casco urbano coma das parroquias do noso concello podan ter. De ser ase, pola miña parte intentaría, si de min depende coma concelleiro, inda que na oposición levalo a cabo ou expoñelo onde corresponda.
Gustaríame que este novo punto de encontro, no que ademais eu expoñerei as mocións que o Grupo Municipal do Partido Popular presente o pleno do Concello para a súa aprobación e unha vez pasado o Pleno o resultado da votación, para que coñezan si se aprobou ou non, incluídos os temas que vostedes me fagan chegar, servira para realizar un traballo semellante o que coma concelleiro realizou meu pai que (E.D) no concello do Valadouro e mais concreto na parroquia de Moucide, onde desde o ano 1993 non se puxo un soo punto de luz,non se asfaltou ningunha pista nin acesos a casas dos veciños nin se abriu un camiño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)