lunes, 11 de octubre de 2010



Queridos Amigos:
O meu nome é de todos coñecido, e para aquel que non o coñeza, é o que figura no titulo deste blog, nacín en Moucide  concello do Valadouro no ano 1950, residín en Santiago de Compostela e logo en Viveiro ata o ano 2000, por motivos da miña profesión, no 2001 xubileime por enfermidade, e  a partir de entonces fixei a miña residencia en Cordido – Foz, no ano 2007 formei parte da candidatura as eleccións municipais nas listas do Partido Popular co número seis ao concello de Foz, na actualidade son concelleiro e por motivos que non veñen ao caso desempeño ademais o cargo de Voceiro. 
Quero antes de nada agradecérvola vosa presenza neste novo blog, que non pretende outra cousa, que a de expresar unha opinión máis da actualidade cotiá. Unha porta aberta as reflexións sobre acontecementos propios da nosa actualidade, e a onde poidan enviarme os seos comentarios e inquedanzas que sobre distintos temas , tanto do casco urbano coma das parroquias  do noso concello podan ter. De ser ase, pola miña parte intentaría, si de min depende coma concelleiro, inda que na oposición levalo a cabo ou expoñelo onde corresponda.


Gustaríame que este novo punto de encontro, no que ademais eu expoñerei as mocións que o Grupo Municipal do Partido Popular presente o pleno do Concello para a súa aprobación e unha vez pasado o Pleno o resultado da votación, para que coñezan si se aprobou ou non, incluídos os temas que vostedes me fagan chegar, servira para realizar un traballo semellante o que coma concelleiro realizou meu pai que (E.D) no concello do Valadouro e mais concreto na parroquia de Moucide, onde desde o ano 1993 non se puxo un soo punto de luz,non se asfaltou ningunha pista nin acesos a casas dos veciños nin  se abriu un camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario