viernes, 29 de octubre de 2010

POSICION PLENO P.P. OUTUBRO 2010

Foz, 28 de outubro de 2010.- O voceiro local do PP de Foz, Pedro Fernández Manín, deu conta da posición do seu Grupo Municipal en relación co varios asuntos tratados no pleno da Corporación celebrado o día 28 de outubro. Máis en concreto explicou os motivos da abstención do PP nos puntos relativos  ao recoñecemento e pago de facturas pendentes, e sobre as mocións presentadas pola súa formación política para o arranxo de varias estradas e dunha fonte pública.
         O PP unha vez que por parte do Sr. Alcalde retirou do paquete inicial facturas que tiñan reparos de intervención insalvables que impedían aprobar as demais  facturas que estaban correctas, decidimos  abstenernos  na votación sobre o pago de facturas pendentes declinando iso si toda responsabilidade “xurídica e administrativa” no Equipo de Goberno e, nomeadamente na súa Alcaldía. Os populares adoptaron esta posición despois de reclamar a información pertinente sobre as facturas que tiñan reparos de intervención. No PP adoptaron unha posición coherente co previsto na nova lei que establece un prazo máximo regrado de 55 días para o pago aos provedores. Os populares consideran que non ten sentido algún que aquelas empresas e pequenos autónomos que traballan co Concello “sexan quen paguen e sufran na súa  contabilidade propia as consecuencias da mala xestión que caracteriza á Alcaldía de Foz”.
         Unha das preocupación principais dos populares neste ámbito era comprobar si os traballos que describían as facturas estaban feitos, algo que resultou acreditado segundo a información facilitada polos servizos de supervisión económica municipal, ademais dos informes técnicos  e si foran ordenados pola administración. Fernández Manín indicou que o Alcalde “non pode botar ás culpas aos demais da súa propia incompetencia”, e indicou que as modificacións de  créditos ás que está obrigado o Concello para pagar as facturas “son consecuencia da mala forma que ten este goberno de  xestionar os asuntos  municipais cuns fondos cada vez máis miúdos, resultado das política de recortes ao financiamento municipal que está a promover precisamente o PSOE desde o Goberno central e situación coa que tería que rebelarse o rexedor si de  verdade antepuxera o benestar dos seus veciños á obediencia partidista”, ademais da falta de xestión para cobrar algunhas débedas que datan de varios exercicios xa pechados.
Por outra banda os populares queren deixar claro ante as manifestacións feitas polo BNG de que o súa abstención non obedece a ningún pacto co PSOE nin a ningunha estratexia política se non a sentido de responsabilidade .
O P.P. tamén deu o seu voto en contra da moción presentada por PSOE-BNG sobre o mantemento do Noitebús en todas a súas rutas, porque o Goberno da Xunta de Galicia non suprime tal servizo si non  que estudará a forma de  subvencionalo, entendemos que dada a situación económica actual ai outras necesidades prioritarias as que se deben achegar as axudas.

PROSPERAN AS MOCIÓNS  POPULARES.

O voceiro popular amosou finalmente a súa satisfacción xa que as mocións promovidas pola súa formación política saíron adiante por unanimidade. De tal xeito que o Concello de Foz pedirá á Deputación provincial o arranxo urxente das  estrada Lu-2007, Area Longa ( Nois – Foz ) - Moucide por Cordido. Tamén acordaron de solicitar  a que Fomento asuma a reparación das estradas paralelas á nacional 642 desde a Fonte de Porto (Vilaxuane) a Marzan, e que serven de acceso ás fincas contiguas.

O Grupo Popular finalmente propuxo un rogo para que o Concello proceda ao amaño da Fonte de Paleo en Fazouro de tal xeito que poida ser empregada con seguridade polos veciños desta parroquia. Rogaron tamén que a delegación de deportes do Concello faga a xestións para que  o trofeo do mundial de

No hay comentarios:

Publicar un comentario