miércoles, 19 de enero de 2011

POSIBLES DIFICULTADES DO CONCELLO DE FOZ

OS POPULARES FOCENSES SEÑALAN A GARCIA RIVERA COMO ÚNICO RESPONSABLE DE QUE O CONCELLO  NON ESTÉ AO CORRENTE NO PAGO AOS PROVEEDORES DEBIDO A SÚA PESIMA CAPACIDADE DE XESTIÓN ECONOMICA NESTA ÚLTIMA LEXISLATURA.
                                                  
    Foz, 19 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín,  sinala ao actual alcalde, o Sr García Rivera como único responsable da actual situación económica do concello, incapaz de levar ao día o pago  aos provedores, que en algún caso exceden varios meses da fecha de cobro negociada, provocándolles a estes, pasar grandes dificultades de financiación nestes momentos de crise.

O partido popular de Foz, non pode crer que despois de haber pasado a etapa de máis apoxeo económico da historia do concello de Foz, onde a iniciativa privada colmou de inversións as arcas municipais pechando o exercicio do 2006 con un remanente de 830 millóns das antigas pesetas, e dicir 5 millóns de euros, agora o Concello de Foz poida ter dificultades para pagar aos provedores locais, moitos deles autónomos e pequenas empresas que están a pasar dificultades económicas porque o concello está a retrasar varios meses os pagos que lles adebeda.
           
 Dende os populares de Foz cremos que isto e froito dun malgasto destes últimos anos, onde a xestión económica do sr. alcalde votou a perder o remanente existente nas arcas municipais , ao ceñirse a uns presupostos do ano 2008 aprobados daquela maneira e que non se axeitan a realidade económica actual do concello, cun  nivel de ingresos moito menor que o planificado nos mesmos e mantendo o nivel de gastos de outros anos de bonanza, o que provocou  o gasto do remanente, sen planificación económica ningunha.
          
  A situación que o Partido Popular de Foz advirte para o futuro próximo, e que é probable que o Sr García Rivera teña que endebedar ó concello para cumprir a nova lei de pagos, e poder  pagar as empresas que actualmente están a financiar en certo modo a súa mala xestión .
         
 Fernández Manín tamén denuncia, que non valeu de nada que pasase o tren económico destes anos por Foz, dado que non se tiveron en conta as débedas incobrables que indican os informes técnicos,  e que do boom urbanístico, solo queden edificacións a medio facer e algúns  contenciosos administrativos que poden colapsar as contas do concello si finalmente se decantan na súa contra.
            
Fernández Manín pregunta ¿ como se puido malgastar tanto?, cando é evidente,  que se gastaron os cartos do remanente, ademais  dos presupostados nos catro anos de lexislatura, e dicir, preto  de 25 millóns de Euros, ( MAIS DE 4 MIL MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS),  sen ter en conta o famoso plan E, que para o concello de Foz supuxo preto de 2,5 millóns de euros mais, e para máis inri , quedan por facer a maior parte das promesas electorais que os socialistas focenses levaron no  programa das municipais de ano 2007

Reciban un cordial saúdo,    Partido Popular de Foz.
                                           Pedro Fernández Manín

lunes, 17 de enero de 2011

PECHADO O LOCAL SOCIAL DE MAIORES DESDE ANTES DA NAVID


 
                        o pp censura que a deixadez do alcalde impidE aos xubilados a posibilidade de facer uso do seu local social
                                                 
    Foz, 18 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín vén de censurar a deixadez do Alcalde socialista de Foz, José María García Rivera, cuxa falta de xestión e desinterese xeneralizado polo funcionamento normal dos servizos municipais, deu lugar a que os xubilados non podan facer uso do seu local social.

“Durante o Nadal –un período no que habitualmente estas instalacións estaban moi concorridas- e ata o día de hoxe, o local dos xubilados permaneceu e permanece pechado o que impide que un gran número de xubilados que acudían diariamente alí para pasar o seu tempo de lecer, relacionarse cos seus amigos, xogar a partida, participar en faladoiros, etc,  e facelo ademais nunhas instalacións acondicionadas ao efecto”- explicou Fernández Manín.

 Os populares emprazan a  García Rivera a adoptar con urxencia as decisións  oportunas para que estas instalacións volvan a estar abertas ao público no seu horario habitual, con ou sen cafetería. Precisamente coa marcha das persoas que tiñan a  concesión desta cafetería o Concello de Foz tamén pechou o local de xubilados, “o que obrigou a moitos dos seus usuarios habituais a reunirse á intemperie, nos  bancos do parque anexo e debaixo do voladizo do edificio de Servizos Sociais, ou a trasladarse a negocios particulares aos que non tiñan a costume de ir”.

O Goberno municipal que preside o socialista García Rivera con esta actitude, non so demostra a súa falta de sensibilidade para co colectivo de persoas maiores e xubilados locais, se non que non tiveron a iniciativa de manter este local aberto con persoal pertencente ao Concello.- dixo Fernández Manín

jueves, 13 de enero de 2011

- OBRAS PENDIENTES -



fernández manín satisfeito porque a Alcaldia xestionou unhas  obras propostas polo grupo municipal popular e aprobadas en pleno


Foz, 13 de xaneiro de 2011.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín vén de amosar a súa satisfacción despois de que se estean a executar unhas obras propostas polo Grupo Municipal Popular en pasadas sesións plenarias. Trátase en concreto das obras de limpeza e movemento de terras para poñelos en valor deseñando e construíndo unha área verde nun espazo situado no barrio de Cadaroi, entre a estrada xeral e a vía do tren de FEVE, moción presentada en data 10 de decembro de 2007, pola entonces concelleira do grupo popular Luísa Prieto, e a   protección do desnivel existente ao carón da vía do tren de FEVE, iniciativa  presentada en data 12 novembro de 2008, ambas na parroquia de Cangas. Os populares alertaron que este espazo presentaba un gran perigo para os veciños que por alí transitaban, posto que se poderían producir caídas co risco de atropelo polo ferrocarril e por iso reclamaron á Alcaldía que fixera as xestións correspondentes con FEVE para a súa urxente corrección, circunstancia que neste  momento se está a levar adiante, esperamos que tal e como se propoñía na moción se siga protexendo nas parroquias de Nois e Fazouro, onde existe o mesmo perigo.

Non obstante os populares non esquecen que o Goberno municipal aínda ten asignaturas pendentes xa que outras moitas obras, demandadas polo Partido Popular local e aprobadas en pleno aínda non se levaron adiante. Así o voceiro popular lembra que José María García Rivera aínda ten que iniciar a limpeza e arranxo do camiño desde Vilasíndre a Areoura en Cangas, o alumeado desde o Chao da Vila a Cruz da Veiga , o alcantarillado no barrio do Eixo, ambas en Cordido, o alumeado público desde a gasolineira de Foz  ata  talleres Villarino  en Forxán,  arranxo de varias fontes en innumerables pistas e camiños  nas distintas parroquias, a saber : Santa Cilla, San Acisclo, Vilaronte, e San Martiño .

Fernández Manín espera que a Alcaldía sexa reticente a estas peticións e lembra que existe un acordo plenario que obriga a executar tamén estas obras, tal e como está a facer hoxe coa protección do desnivel na vía de FEVE en Cangas.

Reciban un cordial saúdo,  Pedro Fernández  Manín