miércoles, 19 de enero de 2011

POSIBLES DIFICULTADES DO CONCELLO DE FOZ

OS POPULARES FOCENSES SEÑALAN A GARCIA RIVERA COMO ÚNICO RESPONSABLE DE QUE O CONCELLO  NON ESTÉ AO CORRENTE NO PAGO AOS PROVEEDORES DEBIDO A SÚA PESIMA CAPACIDADE DE XESTIÓN ECONOMICA NESTA ÚLTIMA LEXISLATURA.
                                                  
    Foz, 19 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín,  sinala ao actual alcalde, o Sr García Rivera como único responsable da actual situación económica do concello, incapaz de levar ao día o pago  aos provedores, que en algún caso exceden varios meses da fecha de cobro negociada, provocándolles a estes, pasar grandes dificultades de financiación nestes momentos de crise.

O partido popular de Foz, non pode crer que despois de haber pasado a etapa de máis apoxeo económico da historia do concello de Foz, onde a iniciativa privada colmou de inversións as arcas municipais pechando o exercicio do 2006 con un remanente de 830 millóns das antigas pesetas, e dicir 5 millóns de euros, agora o Concello de Foz poida ter dificultades para pagar aos provedores locais, moitos deles autónomos e pequenas empresas que están a pasar dificultades económicas porque o concello está a retrasar varios meses os pagos que lles adebeda.
           
 Dende os populares de Foz cremos que isto e froito dun malgasto destes últimos anos, onde a xestión económica do sr. alcalde votou a perder o remanente existente nas arcas municipais , ao ceñirse a uns presupostos do ano 2008 aprobados daquela maneira e que non se axeitan a realidade económica actual do concello, cun  nivel de ingresos moito menor que o planificado nos mesmos e mantendo o nivel de gastos de outros anos de bonanza, o que provocou  o gasto do remanente, sen planificación económica ningunha.
          
  A situación que o Partido Popular de Foz advirte para o futuro próximo, e que é probable que o Sr García Rivera teña que endebedar ó concello para cumprir a nova lei de pagos, e poder  pagar as empresas que actualmente están a financiar en certo modo a súa mala xestión .
         
 Fernández Manín tamén denuncia, que non valeu de nada que pasase o tren económico destes anos por Foz, dado que non se tiveron en conta as débedas incobrables que indican os informes técnicos,  e que do boom urbanístico, solo queden edificacións a medio facer e algúns  contenciosos administrativos que poden colapsar as contas do concello si finalmente se decantan na súa contra.
            
Fernández Manín pregunta ¿ como se puido malgastar tanto?, cando é evidente,  que se gastaron os cartos do remanente, ademais  dos presupostados nos catro anos de lexislatura, e dicir, preto  de 25 millóns de Euros, ( MAIS DE 4 MIL MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS),  sen ter en conta o famoso plan E, que para o concello de Foz supuxo preto de 2,5 millóns de euros mais, e para máis inri , quedan por facer a maior parte das promesas electorais que os socialistas focenses levaron no  programa das municipais de ano 2007

Reciban un cordial saúdo,    Partido Popular de Foz.
                                           Pedro Fernández Manín

1 comentario:

  1. Vixiade o actual alcade, que nos vai a deixar o caixón cheo de teas de araña.........

    ResponderEliminar