lunes, 17 de enero de 2011

PECHADO O LOCAL SOCIAL DE MAIORES DESDE ANTES DA NAVID


 
                        o pp censura que a deixadez do alcalde impidE aos xubilados a posibilidade de facer uso do seu local social
                                                 
    Foz, 18 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín vén de censurar a deixadez do Alcalde socialista de Foz, José María García Rivera, cuxa falta de xestión e desinterese xeneralizado polo funcionamento normal dos servizos municipais, deu lugar a que os xubilados non podan facer uso do seu local social.

“Durante o Nadal –un período no que habitualmente estas instalacións estaban moi concorridas- e ata o día de hoxe, o local dos xubilados permaneceu e permanece pechado o que impide que un gran número de xubilados que acudían diariamente alí para pasar o seu tempo de lecer, relacionarse cos seus amigos, xogar a partida, participar en faladoiros, etc,  e facelo ademais nunhas instalacións acondicionadas ao efecto”- explicou Fernández Manín.

 Os populares emprazan a  García Rivera a adoptar con urxencia as decisións  oportunas para que estas instalacións volvan a estar abertas ao público no seu horario habitual, con ou sen cafetería. Precisamente coa marcha das persoas que tiñan a  concesión desta cafetería o Concello de Foz tamén pechou o local de xubilados, “o que obrigou a moitos dos seus usuarios habituais a reunirse á intemperie, nos  bancos do parque anexo e debaixo do voladizo do edificio de Servizos Sociais, ou a trasladarse a negocios particulares aos que non tiñan a costume de ir”.

O Goberno municipal que preside o socialista García Rivera con esta actitude, non so demostra a súa falta de sensibilidade para co colectivo de persoas maiores e xubilados locais, se non que non tiveron a iniciativa de manter este local aberto con persoal pertencente ao Concello.- dixo Fernández Manín

No hay comentarios:

Publicar un comentario